jueves, 23 de noviembre de 2006

OS SOÑOS ASÍ SON…

Noite tras noite, os soños devolvían ao Fuquiño á súa infancia máis tenra e feliz, revivindo unha escena bucólica, pracenteira e inesquecible, que o trasladaba ata un lenzo, listo para pintar: "unha sinfonía impresionista de paisaxe herbácea e floral abrazada por un fondo de intensa cor verde e pinceladas amarelas, que compuñan a herba caraveleira, as margaridas, as chorimas, a herba lameiriña, de san xoán e milenrama que, cimbrándose, reclamaban a atención dun sorprendido Van Gogh. E no medio delas, por diante, por detrás... as rosas, a herba namoradeira, as camelias, a herba do cuco, a herba dona, os xeranios, que competían coas súas cores rosadas, namoradas da violeta, nunha caótica e colorida batalla floral".

O zunido das abellas, que andaban á procura do néctar para fabricaren o mel, deixou paso aos CROQUES que, maxestosos, sentían como eran colonizados e posuídos por estes alados insectos que rebulían, aloucadamente, trocándose en inesperados protagonistas, deste magnífico e xigantesco óleo.

Ao alborexar o día, os primeiros raios do sol bicaron a ventá do cuarto do Fuquiño e, sen incordiar, siáronlle ao oído que xa era tempo de se levantar.

5 comentarios:

Fuco_Paz_Souto dijo...

Hoxe 27 de novembro deuse a coñecer o fallo deste IV Certame de Microrrelatos, e a gañadora figura neste enderezo:
http://lonxaliteraria.tqr.biz/informacion.html
Noraboa á gañadora.

comiK.O. dijo...

Boas! Mágoa que non teñas gañado, porque o conto é de calidade.
Só quería facer unha pequena observación que non advertira nunca antes nas moitas veces que tiven nas mans a versión impresa: onde di "maxestuoso" debe dicir "maxestoso" ;)
Máis nada. Para o seguinte certame pode que mude a sorte...

Fuco_Paz_Souto dijo...

Este breve relato foi presentado, en outubro do ano que andamos, ao IV Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria*
Había que respectar unhas condicións elaboradas pola "Lonxa": a)unha estensión de 15 liñas exactas e b) tiña que aparecer a palabra croque.
*Organización de tipo cultural que ten a súa residencia en Moaña (Pontevedra)

Anónimo dijo...

Non está mal, non.

Anónimo dijo...

me llama mucho la atencion el nombre de este blog: GONDAISQUE,