jueves, 14 de octubre de 2010

Cas Xan Antonio

A casa está situada no rueiro dos Currás, na parroquia de Santa María de Gondaísque. O rueiro está formado por cinco casas:
Xan Antonio (aparece na foto)
Cas de Manuel de López
Cas de Leal
Cas de Agustín
Cas de Poupariña
Para chegar ao rueiro desde A Coruña: Autovía A6, tomar a saída en Baamonde cara a Oviedo (A8). Saír polo ramal Vilalba (A Magdalena)-Momán. Tomar dirección Momán e cruzada a ponte Trimaz, subir por unha estrada local que comeza nada máis rematada a ponte, á nosa esquerda. Subir 700 metros, e alí, virar á nosa dereita. Baixando, a menos de 100 metros, está Cas Xan Antonio


Pueblos de España