jueves, 14 de octubre de 2010

Cas Xan Antonio

A casa está situada no rueiro dos Currás, na parroquia de Santa María de Gondaísque. O rueiro está formado por cinco casas:
Xan Antonio (aparece na foto)
Cas de Manuel de López
Cas de Leal
Cas de Agustín
Cas de Poupariña
Para chegar ao rueiro desde A Coruña: Autovía A6, tomar a saída en Baamonde cara a Oviedo (A8). Saír polo ramal Vilalba (A Magdalena)-Momán. Tomar dirección Momán e cruzada a ponte Trimaz, subir por unha estrada local que comeza nada máis rematada a ponte, á nosa esquerda. Subir 700 metros, e alí, virar á nosa dereita. Baixando, a menos de 100 metros, está Cas Xan Antonio


Pueblos de España

2 comentarios:

Fran dijo...

Típica construción luguesa a que se pode ver en primeiro termo, coa corte das vacas dentro da propia vivenda.

A segunda con ese balcón xa non é tan habitual, máis ben propia de casas ourensás.

Teño entendido que se chegou falar Bretón na Mariña interior e a Terra Cha, houbo algo diso por Gondaísque?

Supoño que a estas alturas xa saberás a reportaxe de 1979 que recuperou estes días TVE sobre as escolas do rural. Trátase de Friol, curiosamente, a miña avoa é de Narla e o meu avó era de Lamas, coma os cativos que protagonizan o vídeo. Déixoche a ligazón por se aínda non o viras:
http://www.youtube.com/watch?v=46z5zu8OnSs&feature=player_embedded

Fuco_Paz_Souto dijo...

Brigantium: gustaríame saber quen es.
Os meus pais (xa finados) naceron na parroquia de San Martiño de Belesar (rueiro de Lagares) e Codesido (cas Piñó).
A casa que ves na foto foi construída no ano 1900 e herdeina dos meus padriños Francisco López Alvariño e Remedios Souto Paz (irmá da miña nai María).
A reportaxe vina onte porque estou subscrito a A Voz de Vilalba e publicárona este día.
O dito Brigantium. Gustaríame saber quen es.
Recibe un saúdo de Fuco.
P.D.: Non teño documentación sobre o que dis acerca do bretón. Tratarei de me informar.