miércoles, 26 de mayo de 2010

Un filme, un actor e dúas visións distintas

Esta é a imaxe dun dos meus personaxes favoritos. Por todo o que representou nun momento da historia universal, pola súa personalidade e, como non, polo seu talento.
Con oito anos vin, por primeira vez, unha película deste actor: "La quimera del oro"; e sendo aínda neno, non comprendín que, ademais das escenas que producían gargalladas, había unha mensaxe de "fracaso" enfrontada á "ambición" do ser humano. Aínda que no mundo de hoxe, poderiamos levala por outro vieiro e entendela como a lóxica e soberana pretensión de todo inmigrante que aspira a unha calidade de vida digna atopándose coa crúa realidade nada máis arribar ao país ensoñado.