Gozo facendo... ¡nada! Encántame ollar cara ao horizonte e contemplar, apampado, como esa incrible liña recta te leva ao infinito... á nada. De facer algo, gostaría de me converter en director de orquestra e, a través dos sentidos, escoitar coma o arco do violín aloumiña as cordas dese instrumento, ver coma o fagot e mais o músico son unha soa peza e comprobar coma os dedos artesáns do ser humano fan vibrar as cordas máxicas da harpa ata converter, absolutamente todo, nunha incrible fervenza de sons, imaxes e ilusións indescritibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario