Esta é a imaxe dun dos meus personaxes favoritos. Por todo o que
representou nun momento da historia universal, pola súa personalidade e,
como non, polo seu talento.
Con oito anos vin, por primeira vez,
unha película deste actor: "La quimera del oro"; e sendo aínda neno, non
comprendín que, ademais das escenas que producían gargalladas, había
unha mensaxe de "fracaso" enfrontada á "ambición" do ser humano. Aínda
que no mundo de hoxe, poderiamos levala por outro vieiro e entendela
como a lóxica e soberana pretensión de todo inmigrante que aspira a unha calidade de vida digna atopándose coa crúa realidade nada máis arribar ao país ensoñado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario